Actos variados en Chantada, Monforte e Quiroga

La Voz

CHANTADA

Á marxe da homenaxe académica de Seoane do Courel, o Día das Letras Galegas será celebrado hoxe con diversos actos no sur lucense. Na Casa de Cultura de Chantada, onde os alumnos dos centros de ensino de municipio participaron onte nun maratón de lectura de textos literarios -entre eles, poemas de María Mariño-, comenzará ás dez da mañá un torneo de xadrez. No centro multiusos de Monforte haberá a partir das doce do mediodía un festival coa Coral Renfe e os grupos musicais e de danza do Concello. Por outro lado, na casa consistorial de Quiroga, ás 12.45 horas, entregaranse os premios dos concurso literarios convocados polo Concello e posteriormente actuarán os grupos de gaitas e danza da agrupación folclórica San Martiño.