Un deslizamento de terras arrasou un monte de Chantada

La Voz LA VOZ | CHANTADA

CHANTADA

O derrubamento destruíu numerosos castiñeiros e cortou un camiño A lama desprendida da ladeira enturbiou os caudais do Asma e do Miño

26 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?n deslizamento de terra e pedras arrasou onte en parte unha ladeira na parroquia de San Pedro de Líncora, nas proximidades da estrada C-533. O alude, que abriu no monte unha fenda de cerca de sesenta metros de lonxitude e entre vinte e trinta metros de anchura, derribou un grande número de castiñeiros, pero non causou danos persoais nin chegou a afectar ás viñas e adegas ubicadas nas cercanías. O derrubamento cortou ademais un camiño rural que une a aldea de Tarrío e o lugar de Os Queixeiros e arrastrou numerosos troncos ata o río Asma, que desemboca no Miño a escasa distancia do lugar onde se produciu o suceso. Os caudais de ambos ríos, por outra parte, quedaron intensamente enlamados. O brusco movemento de terras debeuse aparentemente a unha bolsa de auga formada no subsolo do monte que acabou por erosionar o terreo.