Nova Escena Galega representa en Bóveda "As fillas de Eva"

La Voz

BÓVEDA

Foto de archivo de una representación del grupo Nova Escena Teatro, que este domingo actúa en Bóveda
Foto de archivo de una representación del grupo Nova Escena Teatro, que este domingo actúa en Bóveda ALBERTO LÓPEZ

Será este domingo pola tarde no centro sociocultural

22 nov 2019 . Actualizado a las 16:08 h.

O grupo Nova Escena Teatro representará este domingo en Bóveda a obra 'As fillas de Eva'. Será ás seis e media da tarde no centro cociocultural.

A historia que conta esta obra de teatro discorre nun país asolagado por unha longa guerra e no que Eva loita por soster a casa e as fillas, fiando con esforzo o día a día entre o desánimo e a esperanza. Para ela o futuro repousa no seu único fillo varón. A chegada do seu marido desestabiliza o feble equilibrio do seu mundo. Este é un drama no que se reflexiona sobre o papel da muller nos conflitos armados. A obra é de Xoan Carlos Laxe e está dirixida por María Márquez.