A Pobra do Brollón homenaxea ao físico nuclear José Luis Rodríguez

Francisco Albo
francisco albo MONFORTE / LA VOZ

A POBRA DO BROLLÓN

CEDIDA

O investigador conta cun premio europeo e hai pouco recibiu outro no Xapón

25 dic 2018 . Actualizado a las 20:42 h.

O Concello da Pobra do Brollón celebrou un acto de recoñecemento público José Luis Rodríguez Sánchez, investigador natural de este municipio, que o pasado setembro foi premiado pola Sociedade Europea de Física como autor dunha das tres mellores teses universitarias sobre física nuclear presentadas en Europa entre o 2015 e o 2017. O acto celebrouse no salón de plenos da casa consistorial e contou coa participación da familia do homenaxeado.

O alcalde, José Luis Macía, entregou ao físico unha placa conmemorativa en recoñecemento polo seu labor profesional e «como agradecemento por levar o nome da Pobra do Brollón por todo o mundo». O rexedor cualificou a Rodríguez -a quen coñece desde a infancia- como «unha persoa humilde e traballadora á que non se lle sube o recoñecemento á cabeza». O físico, ademais, deixou a súa sinatura no libro de ouro do Concello.

O premio da Sociedade Europea de Física foille concedido a Rodríguez, que reside actualmente en Alemaña, por desenvolver unha nova técnica para estudar o proceso de fisión dos núcleos atómicos. Recentemente, o científico foi distinguido pola Sociedade Xaponesa de Física por unha investigación sobre os denominados hipernúcleos que está levando a cabo na actualidade.