«Nunca se me ocorrería prender lume no monte para espantar o xabaril»

Carlos Cortés
carlos cortés CHANTADA / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

Arias e os seus socios van plantar este ano 80 hectáreas de millo, pero non saben canto poderán recoller

03 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Manuel Arias e os seus socios da sociedade agraria (SAT) Seixas cóntanse entre os gandeiros da comarca de Chantada que máis sofren as incursións do xabaril. Como contaban nunha información publicada hai quince días neste diario, calculan que nos dez primeiros anos de existencia da súa sociedade perderon ao redor de 400.000 euros polos estragos provocados por estes animais silvestres nos seus cultivos de forraxe. Este ano volverán plantar. O que non saben é canto poderán recoller.

-Canto millo van plantar este ano?

-Ao redor de setenta ou oitenta hectáreas, dependendo de como veña o tempo. Convennos que veña seco, porque temos fincas moi húmidas e se no momento de preparar para plantar leva tempo chovendo non damos segado a herba.

-Canto contan conservar e canto perder?

-É moi difícil de prever. Este último ano foi horrible, perdemos un 30%, Outros perdemos ao redor dun 10%. Resulta imposible anticipalo, depende da cantidade de animais que haxa no monte.

-Por como o veña o tempo non se pode anticipar?

-Nós non temos maneira. Tememos que poida ser horrible, pero non podemos ter certezas.

-Vostedes calculan que en dez anos perderon 400.000 euros por estes animais. Hai algún seguro que os cubra?

-O único que hai é o agrosuro e toda a vida, que empeza a cubrir a partir do 20% de perdas.

-A Xunta anuncia medidas novas case cada ano.

-Hoxe por hoxe, a única arma que temos legal é a caza. Non serei eu o máis adecuado para propor novas ideas, ese é labor dos expertos, da administración pública... O que eu sei é que o que temos non funciona.

-Petardeiras, vallas... Hai algunha maneira de parar os xabarís?

-A día de hoxe, non, Que eu saiba, non. Nós levamos dez anos de loita incansable, con pastores eléctricos, petardeiras, cercados de distintos tipos, cans, foguetes para asustalos... e o único que logramos é cambialos dun sitio para o outro. Cando o gran está en estado leitoso, non hai nada que os poida deter.

-Nunca se sentiron tentados a dar batidas ilegais ou a prender lume?

-Eu crieime nunha aldea, son amante do rural. Nunca se me ocorrería prender lume no monte para espantar o xabaril, nin organizar batidas ilegais, Evidentemente que non.

-Séntense sospeitosos?

-Si. Temos un montón de mallas, petardeiras, pastores e veces róubannolos. Hai noites que imos controlar un pouco para que non nos rouben, ou para reparar roturas, e ao andar a esas horas con cans e demais podemos parecer sospeitosos de andar cazando ilegalmente.

-Como é posible que se chegase a esta situación so xabaril?

-É un animal que habita nunha gran cantidade de ecosistemas. Aquí ten auga, comida e vexetación alta, na que se pode encamar. Se a iso lle sumas a tranquilidade, ten o que precisa e pode evitar os grandes desprazamentos en busca de comida. E pare dúas veces ao ano, con camadas de sete ou oito crías, porque se cruzou co porco da caza. Eu penso que se fixo para o desenvolvemento do deporte da caza. Temos unha lei de caza de hai vinte anos que di que a caza de vai aproveitar de maneira ordenada. Non sei o que entenden por ordenada.