A xornada de exaltación do prato típico será o día 11, precedida polo festival Festóso
04 feb 2018 . Actualizado a las 12:25 h.En Taboada celebrouse onte unha presentación -con degustación incluída- da edición número 27 da Festa do Caldo de Ósos, que se celebrará o día 11, coincidindo co Domingo de Entroido. Previamente, o sábado -a partir das 16.00 horas- haberá un festival infantil e unha «ruta osovitivinícola» por los bares de la localidad. Ás 22.30 comezará no centro cívico o festival musical Festóso, no que actuarán os grupos Os d’Eiquí, Os Rechouchíos, Chorimas e Falcatrueiros. Ás 22.30 conmezará unha cea popular cun menú a base de empanada e costela asada ao prezo de seis euros. Seguidamente, ás doce da noite, haberá un concerto cos grupos Raiba e Yeyo.
A xornada principal da festa gastronómica comezará ás 10.00 horas do domingo coa apertura dunha mostra de produtos do campo e derivados do porco. Ás doce do mediodía actuará o grupo Os Rechouchíos e unha hora máis tarde o antigo futbolista do Celta de Vigo José Manuel Alvelo pronunciará o pregón. Ás 13.30 ofrecerase unha degustación gratuíta de caldo de ósos e ás 14.15 comezará un xantar con este mesmo prato, costela asada, filloas e queixo con mel. O prezo do menú é de dezaoito euros. Ás seis da tarde actuará o grupo de gaitas Os d’Eiquí, seguido da Banda de Taboada. Ás oito e media haberá unha degustación de produtos do porco e ao mesmo tempo comezará unha verbena coa orquestra Gran Parada e a charanga Arredores.
Por outro lado, as persoas que o desexen poderán reservar mesas nos restaurantes Mencía, Casa do Romualdo, Casa Descalzo, Parrillada San Martiño, Urdi e Anduriña. A organización do festexo corre a cargo do Concello de Taboada e da asociación local de comerciantes e industriais.