Xosé Lois García presentará en Sober a súa obra teatral «O proceso a Lucía Fidalgo»

O acto celebrarase o sábado no centro sociocultural, a partir das sete da tarde

.

O escritor chantadino Xosé Lois García presentará o sábado no centro sociocultural de Sober ?ás 19 horas? a súa obra teatral O proceso a Lucía Fidalgo, que acaba de ser publicada por Edicións Fervenza. A obra inspírase na historia dunha muller que foi procesada por bruxería no século XVII. No acto participarán Paula Vázquez Verao ?autora do prólogo da obra? e o artista Lomarti, que realizou ilustracións para o libro, así como o alcalde soberino Luis Fernández Guitián. A presentación comprenderá así mesmo unha lectura dramatizada da obra de García a cargo dos alumnos da escola municipal de teatro e unha actuación do grupo musical Os Parentes. Na imaxe, Xosé Lois García ?á dereita? presenta un volume recopilatorio da súa obra poética na galería Sargadelos de Monforte.

Votación
0 votos
Comentarios

Xosé Lois García presentará en Sober a súa obra teatral «O proceso a Lucía Fidalgo»