monforte / la voz

O local social da parroquia de San Cristovo de Guntín, en Bóveda, acollerá o próximo día 15 -ás nove da noite- a proxección pública dunha extensa colección de fotografías que mostran a vida cotiá da localidade ao longo do século pasado. As imaxes son cerca de catrocentas e foron reunidas por José Luis Gallego, un veciño da parroquia que as presentará baixo o título de «Xentes de Guntín de Bóveda». En agosto do ano pasado xa organizara unha proxección deste material, pero moitos dos asistentes tiveron que retirarse antes de que acabase debido ao calor excesivo.

As fotografías proceden das coleccións particulares de diversas familias de Guntín e foron feitas -segundo explica Gallego- durante un período que comeza en torno a 1914 e termina na década de 1970. A súa calidade e o seu estado de conservación é moi variado, xa que na súa maioría consisten en fotos caseiras, aínda que tamén hai numerosos retratos tomados por fotógrafos profesionais. Pero en conxunto constitúen un singular documento gráfico da vida diaria dos veciños do municipio e da comarca durante o pasado recente. José Luis Gallego tamén pretende mostrar estas fotos nunha exposición o próximo agosto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

O Guntín do século XX en imaxes