Competindo en Chantada a dúas, tres e catro rodas

k. armesto / c. c

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

1Onte foi tarde de velocidade e competición nas festas de Chantada. Na carreira de moto-plásticas, os nenos sacaron o triciclo do garaxe para poñelo na liña de saída da carreira e intentar ser os máis veloces. No circuÍto instalado na praza Santa Ana, arredor de vinte cativos conductores tiveron que ir sorteando os obstáculos que se atopaban polo camiño. Non houbo ningún incidente e todos foron premiados cunha bolsa de doces e cunha medalla.

Baixada de carrilanas

2Xa cando os máis nenos se retiraban cos triciclos, agardaban no instituto Lama das Quendas as 92 carrilanas que se dispoñían a competir na sexta Baixada. O espectáculo foi variopinto. Cada carrilana estaba personalizada acorde co estilo do seu construtor: deseños simples pero funcionais, minimalistas e chamativos e moitos cunha alta dose de humor. Das carrilanas participantes, 24 foron construídas no obradoiro que se realizou na vila para os nenos. O circuíto da baixada partía do instituto, pasando pola rúa Uxío Novoneyra ata a praza de Santa Ana, onde os participantes foron apurando as súas construcións para acadar o mellor tempo, subir e baixar despois xa sen presión competitiva. Os gañadores dentro da categoría adulta foron: Javier e Saúl Monterroso na categoría de goma; na categoría de caixas de bola foron José Manuel Lobelle, Alan González e Fran Fernández Fernández. Dentro da categoría infantil, os premiados foron Brais López, Diego Vilariño e Javier López. Por outra banda, a carrilana máis orixinal foi a de Carlos Lamas, que fixo a baixada en táboa de surf. Ánxel Fernández, cun orixinal coche antigo construído en madeira, gañou o trofeo do mellor diseño.

Concurso de xadrez

3De menos velocidade e máis concentración vai a séptima proba do Sexto Circuíto Galicia Central 2013 que se celebra hoxe das 17:00 ás 20:30 na rúa Leonardo Rodríguez en Chantada. No concurso de xadrez, o sistema de xogo empregado será o suízo a seis roldas. A entrega de premios será ás 21:15 horas.