Tarde cultural na igrexa de Pesqueiras

Data / agencia

LEMOS

A igrexa románica de Pesqueiras, en Chantada organiza unha tarde cultural para o domingo 11 de agosto. A partir das 18:00 horas, Víctor Soto dará un concerto de zanfona e Quico Comesaña de arpa.

Deseguido, Flora Enríquez presentará ante o público asistente o seu libro: «As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras». Tamén haberá un lugar para a poesía da man de Olga Porral e Francisco José Ruíz Adereguía cunha lectura de poemas. Tras o recital, celebrarase unha misa na igrexa.

Como punto final a estes actos do domingo, actuará o grupo musical de Trícole e A Quenlla.