O Courel acollerá un campamento de espeleoloxía para nenos

monforte / la voz

LEMOS

22 sep 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Entre os día 29 e 30 desenvolverarse no municipio do Courel a edición número dezaseis do Campamento Galego Infanti-Xuvenil de Espeleoloxía, cuxa organización correrá a cargo do club lucense Taranis. A convocatoria forma parte do calendario anual de actividades da Federación Galega de Espeleoloxía e para participar é preciso contar con licenza federativa correspondente a este ano.

Os participantes aloxaranse no cámping de Esperante. O programa da primeira xornada comezará ás dez da mañá e comprenderá un obradoiro de preparación de cordas, visitas a diferentes grutas da zona e unha serie de de xogos formativos. O domingo pola mañá haberá un parque multiaventura.

Os menores que participen no campamento terán que ir acompañados de adultos que sexan responsables deles. A organización farase cargo do aloxamento e manutención dos rapaces e os dultos acompañantes deberán abonar unha cota de vinte euros.