11 abr 2012 . Actualizado a las 07:00 h.
A Asociación Socio Pedagóxica de Galiza e o colectivo Amigos do Patrimonio de Lemos organizarán mañá en Monforte a presentación do libro Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, do filólogo e dirixente político nacionalista Francisco Rodríguez, que se celebrará ás oito da tarde na Casa de Cultura.
O acto contará coa presenza do autor do libro, que será presentado polo economista monfortino Manuel Rajo. Segundo afirman os organizadores do acto, a obra de Rodríguez analiza aspectos literarios e biográficos «que transcenden o campo da literatura por ser sintomáticas da aspiración e do dereito á existencia do pobo galego».