«O concurso de cine escolar é unha idea orixinal e exitosa»

LEMOS

04 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O cineclube A Calexa remata hoxe a décima Mostra de Cine de monforte coa proxección de Ponyo en el acantilado . Carlos Cortiñas, presidente da asociación, conta que desta vez reuperaron o público que pareceron perder na edición do ano pasado.

-¿Que tal está saíndo a msotra?

-Estamos bastante satisfeitos. O ano pasado tivéramos un baixón importante de público, pero esta vez recuperámonos. Igual inflúe que a entrada sexa de balde, ou que as películas está mellor escollida, ou que se recuperou un pouco a afección....

-¿É posible agardar cambios profundos na mostra?

-Non sei exactamente o que faremos o ano que vén, porque aínda falta moito. Pero unha mostra como a que temos desde hai uns anos é o que se pode facer en Monforte. Non hai medios para moito máis. Hai tres anos demos o salto ás seis películas, e sae caro.

-¿Haberá concurso de cine para escolares tamén o ano próximo?

-Por suposto. De feito, ao concurso querémoslle dar un empuxón. Iso si é algo que non depende tanto de cartos como de traballo, trátase de animar aos colexios, dicirlles que se atrevan, convencelos de que todo o que sexan ideas é bon. De feito, se o centrásemos todo na mostra poderíamos facela un pouco máis ambiciosa, pero preferimos adicar tamén esforzos ao cine escolar, que é unha idea orixinal e exitosa, porque está tendo unha resposta importantísima.