«Con este libro quero poñer aos cogomelos no lugar que merecen»

C.P.

LEMOS

07 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Malia que o clima aínda non é doado, axiña empezará a haber setas nos bosques. É o momento de botarlle unha ollada ao libro que presentou onte na Libraría Couceiro o xornalista ourensán Alejandro Mínguez, Cogomelos medicinais , que vén de publicarlle en galego Edicións do Cumio.

-¿Como é que un xornalista escribe de cogomelos medicinais?

-O meu pai é experto en micoloxía, así que me familiaricei dende neno con estes habitantes dos nosos bosques e coñezo as propiedades que teñen contra o colesterol, como antiinflamatorios, para a diabetes e ata de tipo sexual. Decidín escribir un libro divulgativo, porque non había ningún, e porque quería poñer no lugar que merecen estas especies silvestres.

-¿Hainas que consumir frescas?

-O consumo regular de algunha delas pode axudar a certas doenzas, pero na maioría dos casos teñen que pasar polo laboratorio para facer fármacos.

-¿Cantas desas especies hai aquí?

-No libro inclúo doce que son comestibles e seis que non o son, pero que se teñen propiedades medicinais.

-¿As comestibles identifícanse?

-Tres atópanse nos supermercados, porque se cultivan: champiñón, boletus edulius e lentinus edodes . Hainas que citar co nome científico, porque non os teñen populares como noutras zonas pola pouca tradición de consumilas, aínda que se ten avanzado.

-¿Que recomenda aos profanos?

-Ir a xornadas para aprender e saír ao bosque con prudencia e respecto.