13 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
A Asociación de Amigos do Museo do Ferrocarril de Monforte celebrará o sábado un encontro de socios e amigos, que inclúe unha visita ás instalacións do museo e a presentación do coche televisión. Para rematar haberá unha comida nunha carpa instalada na explanada de entrada, na que non faltará o polbo, a carne asada con patacas fritidas e pementos e a larpeira ou torta xeada como sobremesa. Tras o café terá lugar o magosto.