«O éxito destas festas está en que logramos manter a tradición»

Luis Conde MONFORTE

LEMOS

Entrevista | Alicia Cadarso Palau A concelleira monfortina destaca a afluencia de público nestes festexos, que se debe a que se trata dos primeiros do verán e que apostan claramente polas tradicións

08 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A Delegación de Cultura de Monforte tamén fai a súa aportación as festas de San Antonio. A responsable desta área, Alicia Cadarso, considera estes festexos coma os que dan o pistoletazo de saída aos actos do verán. -¿Cómo se presentan as festas de San Antonio? -Hai boas perspectivas. Sempre son festas con moita afluencia de xente, porque se trata do primero acto do verán. O público anímase. Nisto ten bastante que ver a tradición, que se mantivo máis ca noutros barrios de Monforte. O éxito das festas ven pola pervivencia da tradición. Ademáis anuncian as vacacións e iso tamén anima a xente. -¿De qué maneira colabora o Concello de Monforte? -Coa aportación que temos aprobada xa polo pleno para as distintas parroquias e barrios que celebran as súas festas, aparte de colaborar na loxística e en todo o que nos piden. -Vostede falaba do verán, ¿cómo se presenta esta época no tocante aos actos culturais? -Eu xa o vou a definir de antemán coma un verán moi activo. -Se tivera que destacar algo en especial, ¿qué diría? -Temos á volta da esquina a festa do río, que esperamos que sexa un éxito. Está claro que a nosa aposta por ela deu resultado e cada ano a afluencia de público e maior. Monforte xa non lle dá a espalda o Cabe. Asimesmo, quixera facer tamén fincapé nos concertos de música tradicional que se celebrarán durante todo o verán, e como non, resaltar as festas patronáis, que completarán un mes de agosto cheo de actividades culturais e de ocio. -¿Qué supón celebrar actos todas as fins de semana desta época do ano? -Diversificar actividades é unha maneira de que teñamos xente e turistas en Monforte os dous meses de verán. Se non fose así, só concentraríamos xente nas patronais, e nós apostamos porque haxa actividade durante todas as semanas. É unha maneira de atraer máis turistas á nosa cidade, que é do que se trata. -¿Refléxase isto na presencia de máis público? -Por suposto que si. Ás probas nos remitimos do pasado verán, no que había moita xente en todo o que se organizou. -Volvendo as festas de San Antón, coma edil de Cultura, ¿qué mensaxe lle envía aos veciños? -Primeiro quero felicitar á comisión de festas de San Antón polo amplio abanico de actividades que recolle o seu programa, e despóis tamén decirlle aos veciños deste barrio e aos monfortinos en xeral que aproveiten ao máximo estas bonitas festas e que participen nelas -¿Sorprendeulle algo do programa? -Todo o que nos ofertan será moi entretido. Hai que pasalo ben.