? posibilidade de restaurar a reitoral de Santa María do Mao formulouse con certa insistencia hai dez anos, cando a Xunta levou a cabo a rehabilitación integral do santuario de San Eufrasio, situado a poucos metros deste edificio. A construción, en desuso desde hai bastantes anos, está a sufrir un serio deterioro nos últimos tempos a pesar do seu considerable valor arquitectónico e histórico. O antigo priorado é un edificio de planta cadrada e dúas alturas que, segundo estiman os expertos -baseándose nas súas caracteríticas arquitectónicas-, foi construído probablemente no século XVII. É posible, porén, que a construción se levantase sobre outra máis antiga. Segundo o historiador Jesús Gómez López, as noticias máis vellas que se coñecen sobre a existencia do priorado de Val do Mao datan de 1553. Este priorado desapareceu coa Desamortización de 1835 e desde entón o edificio serviu unicamente como casa reitoral.