Vellas trampas restauradas en Camariñas e Ponte Caldelas

La Voz

LEMOS

?n Galicia non se fixo aínda un catálogo sistemático das foxos de lobos que se conservan na actualidade. No referido estudo contabilizáronse no territorio galego sete foxos de paredes converxentes e outros catro de tipos máis simples. En tempos recentes foron restaurados os foxos de Reira, no municipio de Camariñas, e da Lama, en Ponte Caldelas. Estas construcións, dunhas dimensións considerablemente menores que as do foxo do Incio, son amplamente utilizadas como recurso turístico-cultural. O foxo de Monteagudo encóntrase nunha ladeira que baixa ata o arroio de San Miguel non lonxe da Ruta do Ferro. A Dirección Xeral de Patrimonio estudouno a petición do etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo, quen soubo da súa existencia por unha reportaxe publicada no seu día en La Voz de Galicia.