«¿Será positivo el parque natural para O Courel?»

La Voz

LEMOS

14 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

www.lavozdegalicia.es/ed_lemos Un pulmón é mellor que ningún É triste que teña que ser o ingreso económico do turismo o que faga conservar zonas salvaxes ou máis ou menos virxes. pero tamén lle podiamos cobrar ás canteiras 150 veces máis, e por cada metro cadrado, como nas terrazas dos bares. O Courel é de todos, e senón, que vaian sacar pedra ao Himalaya. (...) Juan José García. Lug o. Desde Argentina Mi abuela y sus siete hermanos nacieron en ese paraíso que conocí vía Internet, exactamente en Vilamor. Pienso que si hacer el parque natural perjudica a los habitantes en su fuente de trabajo, habría que buscar una urgente solución. Ustedes conocen nuestro problema con Uruguay por el tema de las papeleras que contaminarían los ríos. Si bien darían fuentes de trabajo, por otro lado sería un desastre ecológico (...). Adriana Tapia. Buenos Aires (Argentin a) Parque ya Creo que es absolutamente necesaria la creación del parque natural, necesitamos de alguna manera proteger la poca naturaleza autóctona que nos queda. ¡O Courel es un sueño hecho realidad! Encarna Osorio Montenegro . Badajoz. Favorecerá aos espabilados e aos de fóra Os principais beneficiados disto serán: a Administración, as grandes empresas, os listillos que están enterados de todo e pouco máis. Os grandes prexudicados son a xente de sempre do Caurel, os que seguen sen ser informados (...) Xosé Raposo. Folgoso do Coure l. Con sentidiño O Courel, como Os Ancares, deben estar protexidos como merecen polos seus valores, empezando polo das xentes que os poboan, así que veña xa cun parque que se apoie na xente e a apoie ás xentes do Courel. Xan Rodríguez . Ferrol. Un parque en serio Coido que a bisbarra meréceo tanto polo seu conxunto natural como pola poboación que o ocupa. Penso que hai que falar de parques ben xestionados, non co concepto de couto ou reserva... isto non, aquilo non, aqueloutro tampouco, senón cunha visión integral que manteña e xere vida natural e activiade humana sostible (...) Santi Moroño. Compostela. Á forza non O 90% da xente do Courel está en contra do Parque Natural. Se o queren impor sera un parque de cinza. Neste país de tanto demócrata ¿por que non un referendun no Courel? Manuel Rodríguez. O Courel. Por suposto que si A creación dun parque natural no Courel é fundamental. Unha proposta así está avalada por todos os científicos (galegos e non galegos). Marta Vila Taboada. A???????Coruña.