«Non hai que ser especialista para manexar software libre»

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LEMOS

Entrevista | Pablo Vázquez Caderno O uso dos sistemas informáticos de acceso non limitado foi defendido e explicado nunha sesión que se celebrou no instituto A Pinguela de Monforte

02 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

?ablo Vázquez Caderno, presidente do Grupo de Usuarios de Linux de Ourense, ofreceu onte no instituto monfortino da Pinguela unha demostración sobre o uso do software libre na que participaron outros membros da súa asociación. -Por agora é máis ben limitado, pero a Xunta está facendo un esforzo importante por difundilo en todos os ámbitos. Hai moito movemento asociativo a favor do software libre e todas as provincias teñen unha asociación de usuarios. En Ourense estamos nós e en Lugo funciona a asociación Lucux. -¿Cal é o principal obstáculo para que se propague máis o seu uso? -Sobre todo o descoñecemento e o medo que ten algunha xente ás cousas novas en informática. É certo que antes era máis difícil instalar un sistema operativo aberto, como o GNU/Linux, pero hoxe pode facelo calquera que saiba utilizar minimamente un ordenador. Non hai que ser ningún especialista para instalar e para manexar estes sistemas. -¿Que vantaxes pode ofrecer aos usuarios particulares? -Por unha parte, a instalación é gratuíta. Estes sistemas pódense descargar libremente de Internet, pódense copiar, regalar... Non é que se poida, é que é precisamente iso o que se debe facer. E hai estudos que indican que estes sistemas son máis estables e seguros fronte aos virus informáticos. -¿E que pode gañar unha empresa utilizando estes sistemas? -Basicamente ofrécenlles máis legalidade, porque agora hai empresas que están a usar software privado de forma ilegal. O software libre pode usarse gratuitamente sen vulnerar as leis. Estes sistemas, ademais, son fiables e robustos e poden utilizarse perfectamente en ámbitos profesionais. -¿Por que as asociacións como a súa divulgan estes sistemas sen ánimo de lucro? -Simplemente porque pensamos que está ben achegar á xente o software libre e porque é bo para a sociedade que estes sistemas se utilicen cada vez máis. Eu animo a todo o mundo a que os utilice.