TRIBUNA | O |
08 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.NA EDICIÓN deste medio en Internet hai aberto un debate sobre o posible peche ao tráfico da ponte vella de Monforte. Das trece mensaxes enviadas polos lectores entre o venres e onte, só unha introduce un certo matiz crítico coa posibilidade de que o Concello prohiba a coches e camións seguir circulando libremente por ese deteriorado monumento. Todos os demáis respaldan enérxicamente o peche da ponte. Tanta unanimidade sorprende. Porque o conductor monfortino medio é da opinión que o aparcamento do Parque dos Condes está lonxe de máis das tendas da rúa Cardeal. Esta é unha cidade alérxica a deixar o coche na casa se é preciso moverse máis de trescentos metros, e con tanta dependencia do volante o peche da ponte vella sen outro paso que a sustitúa ten que poñer os pelos de punta. Pero tranquilos todos, que o Concello quere que se constrúa outra antes de pechar ésta. Se é que antes non se empeza a romper soa, claro.