En directo | Unha iniciativa pioneira Os representantes de clase elixidos polos alumnos d0 instituto Daviña Rey participaron onte nunha xornada de formación organizada pola dirección do centro
20 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Poucos delegados de clase haberá mellor informados que os do instituto monfortino Daviña Rey. O centro instaurou o ano pasado unha xornada formativa para os estudantes elixidos polos seus compañeiros para representalos. Onte repetiron experiencia cos delegados elixidos a principios deste curso. O obxectivo básico desta iniciativa, recordaba o director do instituto, Vicente Docasar, á saída do parador de turismo, o lugar escollido para o curso, é que os delegados teñan información «para cumprir co seu cometido con solvencia e eficacia, e cun coñecemento profundo do regulamento de réxime interno». Pero ademáis, os responsables do centro pensan que o sistema axuda a reforzar o papel de interlocutores dos delegados cos seus compañeiros e tamén a instruílos para resolver situacións problemáticas. Asistiron os 25 delegados de clase e os tres representantes dos alumnos no consello escolar do Daviña Rey. Como relatores interviron Pedro Gómez, inspector de educación, Javier Arias, orientador do instituto, e o director do centro. Despois da primeira experiencia do ano pasado, o instituto deu un paso máis este ano coa posta en marcha dunha xunta directiva dos delegados. Por votación secreta foi elixido presidente Yago Díaz e como vogais Rubén Barbosa, Adrián Enríquez e Lorena de la Fuente.