FOGONAZO FRANCISCO ALBO | O |
24 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.A PONTE Vella de Monforte foi escenario dun accidente de tráfico que afortunadamente non causou danos persoais. Pero -desafortunadamente- a propia ponte resultou bastante escalabrada. Se cadra xa é hora de ir pensando en incrementar o grao de protección deste monumento e en buscar unha solución para que non teña que soportar por máis tempo o paso de automóbiles. Unha ponte de pedra do século XVI non está deseñada para o tráfico rodado e xa é suficientemente venerable como para non estar exposta a estes accidentes.