DESDE O ADARVE | O |
15 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.SOLBES anuncia que os recibos da luz deberían subir ata un 30%. Narbona advirte que o que consuma auga, que a pague. Se precisamente Galicia pode presumir de algo é de ter auga e, por extensión, luz, grazas ás centrais. Por certo, infraestruturas que temos en Galicia pero das que non somos donos xa que están en mans de empresarios madrileños. Nos últimos anos, como di Díaz Pardo, ata nin o vento é noso. Por todo isto, parece unha broma pesada que nos digan aos galegos que paguemos máis por unha auga e unha luz que van disfrutar en Valencia e en Madrid.