TRIBUNA | O |
31 oct 2006 . Actualizado a las 06:00 h.ANTE os graves insultos da oposición véxome na obriga de ratificar a miña postura sobre o plan de encauzamento. No anterior mandato levamos a pleno o avance dun proxecto de encauzamento, remitido á Confederación. Ésta emitiu un informe desfavorable porque o caudal calculado estaba en 240 metros cúbicos por segundo, e estimaba que o caudal do río Sarria é duns 440 metros cúbicos. O equipo redactor persisitiu, e a Confederación emitiu un segundo informe desfavorable. Xa como alcalde, mantivemos algunha reunión tentando atopar un consenso, pero a diferencia era abismal. De ahí que optásemos por redactar un novo documento, financiado e contratado pola anterior Consellería de Medio Ambiente. Con sinceridade, esta decisión paréceme máis respetuosa cos interesesdo Concello , que a mantida polo portavoz da oposición, que nun exercicio de arrogancia está a burlarse dos informes técnicos da Confederación. Mesmo pretende que co diñeiro de todos os sarrianos se paguen 60.000 euros a unha empresa contratada por él a dedo, por un proxecto cuns cálculos hidrolóxicos inservibles. Todo adornado cunha sarta de insultos, o que evidencia que se carecen de argumentos. Logo da reunión mantida en Oviedo a semana pasada por este alcalde, a actual dirección da Confederación Hidrográfica puxo riba da mesa os estudos que eles mesmos encargaron, e confirman que os cálculos hidrolóxicos realizados pola empresa Inek son correctos, se ben a solución que se propón será distinta. Que non lle quepa a ninguén a menor dúbida, a nosa prioridade non vai a ser beneficiar a un determinado estudo de enxeñería. Nós defenderemos sempre o mellor proxecto e a mellor solución para as nosas xentes, porque iso é o que os veciños e veciñas demandan de todos nós.