DESDE EL ADARVE
26 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.A PAISAXE, como invento humano, faise día a día, e o invento desta fin de semana, polo menos nas zonas altas, leva a cor branca como protagonista. Un día despois dos actos contra a violencia que sofren as mulleres, esa aldraxe que nos avergonza, o branco simboliza as boas intencións con máis forza ca nunca. A terra que vemos tinguida de branco é a mesma de todos os días, a dos prados e as leiras de patacas, a dos parques eólicos e as autovías, a da falta de planificación urbanística e a dos edificios sen pintar. Pero algún estraño mecanismo se activa dentro de nós cando vemos, preto ou lonxe, algo de neve: de súpeto todo se volve máis novo, quizais máis inocente tamén. Os espellismos atmosféricos non sempre duran moito; pero a súa forza -pensemos, por exemplo, no arco da vella- está na capacidade de suxerir. Este branco efémero, polo menos, agacha a verborrea de moitos políticos.