Lume e calma

LEMOS

FOGONAZO | O |

15 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

ONCE anos, nada menos, é o tempo que leva «madurando» o proxecto do parque comarcal de bombeiros de Monforte, que aínda non se sabe ben cándo poderá empezar a funcionar, aínda que a Xunta quere que funcione para o 2006. Sobre este proxecto poderase dicir de todo, salvo que foi concebido e realizado con excesiva precipitación. En todos estes anos, os representantes dos concellos da Terra de Lemos discutiron sobre o asunto, deixárono aparcado durante un tempo para que fose madurando, volveron discutir, volvérono deixar, discutiron novamente e, nun alarde de prudencia, deixárono repousar outra vez. E así ata hoxe. Fan ben. ¿Para qué darse máis présa? Nin que se estivese queimando algo...