Homes e mulleres con sona

La Voz

LEMOS

12 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Un Diego Lopes foi comes in Sarria no 1204 e un Johan López foi veciño da Pobra de Sarria en 1302. Dende esas referencias aparecen moitos sarriaos co apelido López e que polos seus feitos lle deron o lustre que a orixe ou a fachenda lles negaba. Vai aquí unha cativa relación, porque cos López sarriaos poderíanse encher ben follas dun longo libro: Xoán López (ferreiro en Sarria en 1568), Íñigo López de Orozco (señor do Couto de Betote), Domino López (tendeiro en Sarria en 1578), Antonio López de Quiroga (fidalgo de Cancelo en Triacastela), Bartolomeu López (crego que en 1666 funda a ermida de San Bartalomeu de Portocarneiro nas Cortes), Xoán María López de Alamce (deixou diñeiro para facer a igrexa de Santa Mariña e as torres da catedral de Lugo), Pedro López Ribera (de San Vicenzo de Paradela, bispo electo de Tui), Matías López López (industrial, senador e benefactor da vila), Xoán López Acevedo (notario en Sarria ata 1920), Manuel López Mosteiro (alcalde de Sarria), Antonio López Quiroga Somoza (constructor de gaitas, de Bande), Xesús López González (etnógrafo e publicista, de Paradela), Román López Rubín (avogado e alcalde de Sarria), Xavier López Acevedo López (alcalde de Sarria e deputado en Cortes), Ernesto López Martínez (avogado e secretario do Concello), Cándido Xusto López (alcalde de Sarria), Román López Osorio (cura de Goián), Manuel López López ( Ribela , alcalde de Sarria), Álvaro López Vizcaíno Rodríguez (médico forense), Pedro López Rubín (escritor e coengo), Manuel López López (político a quen se lle debe o colexio público), Ramón López Carrozas (bispo no Brasil), Luis López Díaz Pallín (político lucense), Víctor López (xornalista), Aurora López López (escritora residente en Granada), Raúl López López (empresario do transporte de viaxeiros), Uxío López Prado (político local), Xesús López (músico) Victoria Eugenia López (deputada), Sonia López Sánchez (Miss Galicia).