Catalunya

ANDRÉS PAVÓN

LEMOS

LA TRIBUNA | O |

14 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

NESTES últimos tempos detéctase na prensa, nas conversacións e nas actitudes un certo desprezo (cando non odio) cara a Catalunya e aos cataláns. Mesmo un mosquito de orixe asiática apareceu o luns pasado en Lleida, cando non se dera ningún caso en toda Europa. Non se lles perdoa que quieran ser recoñecidos como nación, que desexen un novo estatuto, que os seus cidadáns sexan os que máis achegan ás arcas do Estado, que queiran participar do mercado a través de La Caixa ... ou incluso que o Barça gañara a liga. Podo entender a rivalidade entre Madrid e Catalunya polo poder económico, político, deportivo e cultural: é algo que ven de lonxe aínda que non estea moi xustificado. Pero ¿Por qué ese anticatalanismo en Galicia? ¿Por qué na comarca de Chantada, que ten a moitos dos seus cidadáns en Barcelona e arredores? Nós, aínda que non o poña ningún documento oficial, tamén somos unha nación con cultura, idioma e tradicións propias; diferenciamos moi ben entre o de aquí e o de fóra e tamén estamos a traballar nun novo estatuto. A diferencia dos cataláns (do cal me congratulo) non temos un nacionalismo político forte, pero si unha identidade ben definida. Así pois, ¿por qué nos adherimos ao orfeón anticatalán? ¿Quizá porque se nos induce a iso dende Madrid? Mellor será que elixamos, cunha base lóxica as nosas fobias e as nosas simpatías. Non imaxino a Robinho queimando unha foto de Maragall: nin lle vai nin lle vén.