A TRIBUNA | O |
30 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.O PRESIDENTE da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, é unha persoaxe, cando menos, controvertida. A prensa de dereitas califícao de tolo. A de esquerdas sempre sospeita da súa capacidade, tómao como algo pasaxeiro e prefire ensalzar ao brasileiro Lula da Silva. Onte tiven a ocasión de seguir pola televisión a cumbre de países caribeños sobre o petróleo. Nunha extensísima intervención, Chávez explicou as tremendas desigualdades derivadas da explotación do petróleo e, por contra, as aínda maiores posibilidades de desenrolo que o hidrocarburo pode levar á rexión nun futuro inmediato. Foi unha exposición brillante, chea de datos. Unha das propostas foi crear o Fondo Humanitario Internacional, en contraposición ao monetario. Sen embargo, o compañeiro que o estaba vendo conmigo e eu coincidimos en vaticinar que a prensa internacional resumiría o evento así: Chávez carga contra EE.???UU. y reclama la nacionalización del petróleo. É, pois, unha pena que prexuzguemos ás persoas polo seu pasado ou pola visión que os medios de comunicación dan das mesmas e que non teñamos un mellor acceso ás propostas de dirixentes como o de Venezuela. Non digo que estea de acordo Con Chávez, pero dixo verdades como puños.