O CES de Quiroga pide que o pacto ambiental se execute para o 2006

LEMOS

27 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

? Consello Económico e Social (CES) de Quiroga acordou onte pedir á Confederación Hidrográfica do Norte de España que o pacto ambiental para a rexeneración das áreas pizarreiras sexa cumprido tal como estaba establecido inicialmente, entre este ano e o próximo. O organismo, no que están presentes os sindicatos UGT e CC.??OO., dirixirá tamén esta solicitude á Xunta de Galicia e a asociación de empresarios da pizarra. Na reunión en que se tomou este acordo, celebrada onte pola tarde, os integrantes do CES fixeron fincapé na importancia socioeconómica que a actividade pizarreira ten para a comarca de Quiroga e para o resto da zona sur da provincia. «Hai que ter en conta que a pizarra é a principal fonte de emprego de toda a zona e que neste sector tamén traballan veciños das comarcas de Lemos e Chantada», sinalou a este respecto Mario Docasar, representante de UGT. O organismo pide ademais que a comarca de Quiroga non sexa discriminada con respecto á de Valdeorras. No curso da reunión, por outro lado, tomou posesión como novo secretario do CES José Luis Casar Enríquez, en substitución de Ángel Rodríguez Raposo. Visita de Barreiro Por outra parte, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, anunciou que o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, visitará o próximo sábado o municipio para informarse directamente sobre a situación actual do sector pizarreiro local e os problemas que pode conlevar a ralentización do pacto ambiental. O pleno do Concello de Quiroga, así mesmo, aprobou o pasado día 22 unha moción do PP na que se pedía a continuidade do plano.