DESDE EL ADARVE
22 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.RARO é o ano que non hai congreso para chamar á implicación dos pais na escola, e tampouco falta o típico cónclave para fomentar o español ante o imparable inglés. Son tópicos dalgúns profesionais da alocución que non deben ter cousa máis que facer que meterse coas televisións, cos «novos modelos de familia» e, de paso, tamén cos pais. Vexo unha aplastante maioría de pais esforzándose por axudar aos fillos e estar ao tanto da súa formación. A veces sorteando cambadelas oficiais (picarescas no acceso aos colexios, desmantelamento no rural, liortas políticas co ensino...). Aclaren dunha vez se queren deixar fóra da escola as relixións, se o inglés é importantísimo e debemos nivelarnos con Europa (outro tanto coa informática e as matemáticas) e se queren, legalmente desexan, que os pais nos impliquemos no goberno e funcionamento dos colexios e non só nas festas e actividades extraescolares.