DESDE O ADARVE
20 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.ESCRIBIR sin erros en galego supón para os que somos galegofalantes facer un esforzo do mesmo calibre que cando estamos ante unha folla en branco e temos que iniciar unha redacción en lingua castelá. Supón o mesmo esforzo porque lles gardamos o mesmo respecto. Sabemos que as dúas forman parte da nosa vida, por cuestións culturais e educativas. Non son das que comparten que o Valedor do Pobo utilice o tema da lingua para tirarlle das orellas a ningunha Administración. E tampouco creo que a estas alturas, cando vemos que os investimentos millonarios en materia lingüística non conseguen inculcar algo noso, que haxa quen manteña posturas intransixentes para defender a lingua. Que o Valedor se interese pola páxina web en galego da Deputación non creo que teña outro significado que non sexa o de preguntar por un servizo público que se prometeu para setembro.