Sabela minte

XOSÉ LÓIS LÓPEZ SANCHEZ

LEMOS

A TRIBUNA | O |

30 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

UN ano despois do golpe de estado do 14 de xuño, a tránsfuga de Sarria volta a facer gala da súa capacidade mentireira; atoparase satisfeita e ata creerá as súas propias mentiras, pero a ver se nos contestas a estas preguntas: ¿Cómo te atreves a usar o nome do BNG para xustificarte cando levas un ano expulsada pola actuación do 14 de xuño? Se che queda dignidade devólvelle ó bloque o que lle roubache. ¿Acaso non dixeche que era unha decisión persoal hai agora un ano? ¿Se tes tan claro o que fixeches por qué non o dixeche nos órganos do partido? Quen avisa non é traidor, ti eres unha traidora que intentache enganar ó concelleiro Xosé Lois Castro, pero non puideche coa súa honradez e habilidade ¿por qué tiñas tanta ansia de que o Xosé Lois fose de número 2 nas listas, para aproveitar o seu tirón electoral en beneficio propio? ¿cómo é que agora dis que García é a persoa máis capacitada e antes decías que era un pouco tonto, ademáis dun vago? ¿por qué o 14 de xuño o Sr. Moscoso e un membro de Inga estaban tan pendentes da túa saída da sede nacionalista? Non rematache co partido ni coa súa ideoloxía, como non acabaron 40 anos de ditadura. Os fascistas máis criminales que tivo Sarria foron nalgún caso os que o 14 de abril do 31 eran republicanos; nunha palabra, os tránsfugas.