Princesas, traballadoras e amas de casa

La Voz F.???A. | MONFORTE

LEMOS

A futura voda real marcou a festa de xoves de comadres nas diversas localidades da comarca Os motivos de inspiración das figuras mostraron de novo unha ampla variedade

19 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

? influencia da próxima voda real na celebración do Xoves de Comadres foi ben patente nas diversas localidades da comarca de Lemos. O tema foi tratado de maneiras variadas en figuras exhibidas en diversos puntos de Monforte, como a praza de Carude, o colexio da Gándara e a residencia de Prodeme. O asunto foi abordado igualmente en Anllo e Arxemil -no municipio de Sober - e en Vilamelle, no municipio de Pantón. Aínda que se pode dicir que a prometida do Príncipe foi nomeada na práctica comadre honoraria da Terra de Lemos, non foi o único motivo de inspiración da xornada. As comadres representaron humoristicamente ás veciñas da comarca en múltiples actitudes e circunstancias. As escenas da vida tradicional foron a nota predominante en diversos lugares, onde as figuras fixeron de labradoras e de lavandeiras, prepararon potes de caldo e mazaron o leite. Pero as bonecas representaron tamén outras ocupacións e condicións máis típicas da vida moderna: hostaleiras, dependentas, funcionarias, profesoras, xogadoras de voleibol... Outras mostráronse montando en bicicleta, como no barrio da Florida, ou facendo un cruceiro marítimo, como na rúa monfortina do Cardeal. As formas de materializar o enxeño e o humor seguen a ser múltiples nas lugares que conservan esta tradición.