LA TRIBUNA | O |
19 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.MENTRES ESPERAMOS esas grandes infraestructuras que nos vende o PP para Sarria, dende o Partido Socialista reguntámonos ¿Qué está a pasar co día a día?. Na nosa oficina de atención o cidadán recibimos constantes queixas. Sendo unha das máis habituais o deterioro no estado de limpeza da nosa vila. Temos rúas recén feitas (Pascual Veiga) que parecen corredoiras. Carentes de infraestructuras tan básicas como contedores de lixo, só hai un verde en toda a rúa. Hai zonas onde non volveu pasar a varredora, entre elas o calexón da rúa Greco. ¿Dende cando non se limparon os contedores do lixo? Por calquera sitio do pobo que se pase cheiran que non se para a carón deles, e eso que estamos en febreiro, cando apreten os calores será moito peor. Un día si e outro tamén temos unha rúa a escuras. ¿Por que se deixan de resolver os pequenos problemas, que nos dificultan a vida cotiá a todos os veciños?