Aparatosos grupos de bonecos foron elaborados e mostrados en numerosas poboacións da zona En varias localidades e parroquias houbo comidas e chocolatadas
19 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.? praza de España viuse abarrotada de xente onte á tarde con motivo do certamen municipal da tradicional festa das comadres, que se celebrou por segunda vez neste lugar. Os alumnos dos diferentes centros de ensino da cidade, como é habitual nesta convocatoria, conformaron a maior parte da asistencia. A festa rematou coa queima dos bonecos que foron levados á praza por algúns dos participantes no concurso. Á marxe do certame de Monforte, moitos veciños de diversas zonas da comarca renovaron a tradición exhibindo nos seus barrios e parroquias aparatosos grupos formados en certos casos varias decenas de comadres ou ben colocando unha ou duas figuras en lugares estratéxico. A pesar da proximidade das eleccións xerais, a política non tivo eco este ano nos populares bonecos de carnaval. En certas localidades celebráronse ademais actos festivos e de confraternización veciñal, como na Pobra do Brollón, onde houbo unha queima de comadres e unha chocolatada popular á última hora de tarde, ou como na localidade soberina de Matamá, onde todos os veciños compartiron unha comida a base de derivados do porco.