Músicos á espera de identificación

La Voz LA VOZ | MONFORTE

LEMOS

ESPÍN ESPECTÁCULOS

A galería histórica sobre os grupos locais está aberta a novas achegas Os creadores da páxina web reuniron ata agora fotografías de 27 bandas monfortinas

28 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

? recuperación da memoria histórica dos antigos grupos musicais monfortinos por parte de Espín Espectáculos é un proxecto todavía aberto, segundo indica Alberto Gallardo, o propietario da empresa. «Nas fotografías das bandas aparecen bastantes persoas que aínda non foron identificadas e gustaríanos que a xente que as poida coñecer nos axudase a obter os datos que aínda non conseguimos», indica. A páxina de Internet da firma, que se encontra no enderezo www.musicsoft.es/espin, ofrece a posibilidade de colaborar nesta iniciativa achegando toda a información posible sobre as imaxes da súa galería gráfica. Así mesmo, é posible enviar outras fotografías sobre estes grupos musicais ou outros que existiron na mesma época na comarca de Lemos e tamén no resto de Galicia. As persoas que dispoñan de informacións ou de testemuños gráficos sobre os antigos grupos musicais do sur lucense e que desexen darlles difusión tamén poderán facelo a través da edición local de La Voz Galicia. O material pode ser remetido por correo ordinario ou correo electrónico. A información pode tamén transmitirse tamén por teléfono..