Monforte fixo xusticia con Manuel María

La Voz LA VOZ | MONFORTE

LEMOS

O Concello tributoulle unha cálida homenaxe e adicoulle unha rúa preto da nova igrexa de San Antonio O poeta chairego inaugurou dúas exposicións e ofreceu un recital da súa propia obra

12 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? Concello de Monforte tributou onte unha homenaxe ó poeta Manuel María. Consistiu en diversos actos que se??????desenrolaron ó largo da tarde e ós que asistiron aproximadamente unhas cen persoas. O primeiro evento foi unha recepción oficial no salón de plenos da consistorial, presidida polo alcalde. Severino Rodríguez agradeceu en nome da cidade a presencia do poeta e da súa dona, Saleta, e dixo que este recoñecemento se lle tributaba con certo retraso, pero polo menos ven a facer xusticia coa persoa e a obra de Manuel María, que escribiu a maior parte da súa obra na cidade do Cabe. Posteriormente descubriuse a placa na rúa que levará o seu nome, ó pé da nova igrexia de San Antonio. Logo Manuel María atendeu ós medios de comunicación nunha rolda de prensa na que lembrou a súa vida feliz na cidade, a excepción dos catro anos nos que foi concelleiro. Durante esa primeira corporación da democracia, dixo, «tiven como compañeiros a auténticas bestas e menos mal que agora hai certa normalidade democrática», concluiu. Máis tarde, o poeta chairego inaugurou una exposición de traballos feitos por alumnos dos colexios sobre a súa obra e unha montaxe audiovisual tamén co mesmo tema. Rematou a xornada cun recital poético do propio poeta, acompañado polo escritor Lois Diéguez e a concelleira Alicia Cadarso.