DESDE LA GRADA | O |
24 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.RESOLTOU SER un encontro cun claro color local, quedando patente o posto que cada quen ocupa na taboa clasificatoria. Dende o primeiro momento houbo unha clara superioridade do cadro local, xa que o Vetusta somentres mantivo o tipo no primeiro cuarto. Como dato máis salientable cabe decir co equipo visitante apenas superaba os vinte puntos ó descanso, tendo en conta ademáis a estas alturas o C.B. Sarria xa dobraba o resultado. Destacar neste partido o xogo interior, no cal ó igual que no resto das facetas, o cadro local foi netamente superior, tanto en ataque como en defensa, cunha grande actuación protagonizada polo pívot local Félix Aguilar. Os seus compañeiros estiveron a un bo nivel. Outro aspecto que é preciso citar foi o adiós de Fondevila, xogador que tantas alegrías nos ten dado no pavillón de O Chanto o longo dos últimos trece anos, dende os inicios do C.B. Sarria en 2ª División alá por finais dos anos oitenta ata agora na Liga EBA. Un producto da nosa canteira sarriana.