Equipamentos para o centro social do vello cuartel da Garda Civil

La Voz

LEMOS

?s responsables do Concello solicitaron á delegada de Asuntos Sociais unha axuda económica para o equipamento do centro sociocultural que está a ser construído do vello cuartel da Guardia Civil da vila, que servirá para complementar as instalacións da Casa de Cultura, situada nas súas proximidades. Esta consellería é un dos tres departamentos do Goberno galego -xunto con Cultura e Familia- que financia as obras de rehabilitación do vello edificio, iniciadas no ano 2001 e que, segundo as previsións do Concello, estará totalmente rematadas para o próximo verán. Última anualidade «Xa temos comprometida unha anualidade de aproximadamente 33.000 euros que nos servirá para realizar no ano próximo a última fase da obra civil, pero agora necesitaremos novas subvencións para dotar ó edificio de mobiliario e doutros elementos necesarios para a súa posta en funcionamento», sinala o alcalde. O goberno local espera poder cubrir esta parte do financiamento do proxecto con axudas das tres consellerías que achegaron subvencións para levar a cabo as obras de transformcións do antigo cuartel.