FOGONAZO CARLOS CORTÉS | O |
17 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.¿É IMPOSIBLE, pregunto, acabar cos cortes de luz? Onte pola tarde en Monforte, Sarria e non sei en cantos sitios máis, oficinas, tendas e casas sofriron apagóns intermitentes toda a tarde. Como saben ben nas compañías eléctricas, estes cortes provocan, aínda que sexan breves, serias molestias. Onte non chovía, non houbo tormentas. ¿Que pasou logo? Vale que non estamos como hai vinte anos, cando os apagóns eran moeda corrente. Pero tampouco pagamos as mesmas tarifas.