Lumes Forestais, Nunca máis

ELVIRA CAMPO RODRÍGUEZ

LEMOS

LA TRIBUNA | O |

27 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O PRIMEIRO festival Terra Brava do Incio foi unha festa ensombrecida co outro chapapote deste país, un incendio forestal. O lume puxo en pé de guerra ó pobo e á organización do festival e preocupou á xente que se achegara a pasar a xornada. De madrugada, as chamaradas provocadas polos terroristas incendiarios continuaban e achegábanse ás casas de O Incio. Máis non poideron frustar a celebración do festival. Entre o esforzo de todos conseguimos levalo adiante e disfrutar ca axuda de Barallete, Jarbanzo Negro, Xurxo Souto e Quempallou. Gracias a eles e a todos os que fixeron posible este festival. Pero a noite de esquecemento non apartou o día de negrura. A desfeita foi grande e a rexeneración será longa. Iste é o noso terrorismo e os incendiarios non merecen liberdade senón penas máis graves. Son momentos duros para o noso país máis quixera dar unha mensaxe de alento xa que non puideron con nós e celebramos a nosa festa. Había moita xente movilizada, brigadas e medios aéreos pero non foron suficientes. Precísase máis prevención tanto por parte das institucións como dos particulares. Incendios forestais nunca máis.