Bombeiros

La Voz

LEMOS

A TRIBUNA CRISTINA DE LA TORRE | O |

15 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

UNHA. Son as nove da mañá. Imposible. Hoxe é festivo, penso. Seguro que se me parou o reloxo. Dúas. Non. O reloxo funciona. Claro que son festass, e festivo local ademáis. Ben, festivo en toda España. Os de Monforte tolearon. Tres. Algo pasa, non poden estar tirando bombas tan cedo. Catro. Agora é cando recordo ós familiares de todos os políticos dos que sei o nome. Cinco. Supoño que esto non pode durar moito. Xa me enterarei de se é unha medida nacionalista para por ó persoal firme no día da patrona. Seis, sete, oito. O tío que as está tirando seguro que non saíu onte, nin ten fillos que dormen, nin traballa ata as sete da mañá como moitos. Nove, dez, once, doce, trece. Ese tipo o que non ten é vergoña. Catorce. Oes, non sei se é impresión miña ou un pesadelo. Perdoa que insista pero ¿non era hoxe festivo? ¿e non son iso bombas? ¿seguro que non as está tirando o do piso de enriba? A número quince recibiu unha blasfemia bastante orixinal tendo en conta as horas. Pois sí que me desperto creativa. Dezaseis, dezasete. Vaia, como as uvas do nadal. Atragántanse en secuencia. Dezaoito. Seguro que quedan poucas. Dezanove. Agora, como empecen as gaitas, cabreome. Vinte. Piedade, por favor. Vinteunha. Voltou a paz.