Antidemocracia

CRISTINA LÓPEZ

LEMOS

LA TRIBUNA | O |

01 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ACEPTEI PARTICIPAR activamente na política porque os meus valores son socialistas, porque creo no compromiso social que conleva, nos meus compañeiros e por enriba de todo porque creo na democracia. Empecei con gran ilusión por facer algo positivo polo meu pobo, ilusión que se incrementou trala confianza que no PSOE depositaron os votantes o 25-M. Despois de un mes como concelleira sinto pena por acontecementos de carácter tan antidemocrático como os xurdidos do 14 de xuño, tales como o transfuguismo dunha concelleira do BNG, a aceptación dunha alcaldía de forma ilexítima e esa forma tan prepotente e antidemocrática do PP de lograr dun xeito tan pouco ético o que non puido conseguir nas urnas. Tamén podería falar dunha actuación antidemocrática e dictatorial do alcalde (consultada antes con quen manda) botando do pleno soamente ó público que non era afín ós seus intereses. Este mes o alcalde e os seus compañeiros de goberno do PP trataron de tacharnos de alborotadores e violentos, parece como se esquecesen que traizoaron a vontade popular. Síntome defraudada como os votantes de esquerdas e moitos da dereita, pero tamén sinto máis que nunca a necesidade de loitar para que non volvan a ocorrer nunca máis acontecementos tan noxentos coma estes, provocados por políticos corruptos que tanto mal ocasionan á política e á democracia.