As «Noites á luz da lúa» ofrecen un novo programa inédito de danzas folclóricas
LA VOZ | MONFORTE
LEMOS
30 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
O programa das Noites á luz da lúa que cada verán se celebra no Cantón de Chantada xa está listo. Como cada ano, a organización (a cargo da escola municipal de música e danza) preparou un cartel con grupos que actúan alí por vez primeira. O domingo 3 de agosto sendos ballets de Rusia e Eslovaquia, acompañados dunha coral, inaugurarán o programa. O domingo 10 será o turno do grupo de danza Celme de Pontevedra. Os que si repiten son a banda de música de Chantada, o sábado 9, e a agrupación Suasairas, o domingo 27.