DIARIO DE AURIA | O |
25 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.STA FIN de semana unha nena de catorce anos foi violada. Aquí. En Auria bonita. ¿Alcohol, droga? Que importa. Hai varios tipos de persoas que detesto, pero entre os peores están eses que beben e se poñen violentos, chulos, macarrilas, criminais. E os machotes que violan, a esos se la...Non sexamos vulgares. A ternura cotiza á baixa nestes pagos. Cando unha muller é violada, a propia sociedade resulta amputada. Na súa dignidade. Non creo que exista un delicto máis doloroso para a víctima que o sofre. Nin creo que se poda restituir todo o que un violador rouba. Pero é preciso intentalo. Coa cabeza moi alta. E co machote no cárcere. Demo, que triste me sinto, que impotente. O que eu daría por poder quitar as lágrimas da cara, da túa cara, dos teus catorce anos de pombas e trigo. Que canalla o ser humano. Pero hai que camiñar. Nada acaba. Necesitamos a luz do sol, que seguirá saíndo incluso no peor dos invernos. Necesitamos saber que somos miles os que estamos contigo. Acariciándote. Para que mañá o ceo pinte un sorriso grande para que ti o mires. Como se mira o futuro: con ganas de vivir. Esta columna vai por ti. Mil bicos, corazón.