Un canteiro que probablemente colaborou na edificación do convento sarriao da Madalena

La Voz

LEMOS

? constructor da ponte vella de Monforte manifestou no seu testamento a vontade de ser sepultado no convento sarriao da Madalena, o que non se sabe se chegou a cumprirse realmente. Esta circunstancia fai supoñer a Arlindo López Arias que Pedro Rodríguez de Remberde puido participar nas obras de reconstrucción ou reforma deste histórico edificio. «É moi posible que traballase na construcción da igrexa do convento, que se estaba edificando por terceira vez nesa época, en estilo gótico, e máis concretamente nas obras da zona do altar maior ou da porta de entrada, que se levaron a cabo neses anos», opina o cronista. En calquera caso, parece innegable que Rodríguez de Remberde mantivo un vínculo moi estreiro co mosteiro sarriao, entón rexido polos frades agostiños. «Nesa época, para ser enterrado no convento había que pertencer á comunidade relixiosa ou estar relacionado directamente con ela por algún motivo. A única excepción eran as familias fidalgas que facían grandes doazóns para gozar do privilexio de ter unha sepultura na igrexa conventual, o que non era o caso de Rodríguez de Remberde», explica o cronista de Sarria.