A TRIBUNA | O |
13 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.RAMÓN LÓPEZ DÍAZ Gostaríame adicarlle esta columna ós amigos que creron en nós e nos apoiaron. Non lla adico, en cambio, a eses novos amigos que apareceron nos derradeiros días dicíndonos que contan con nós para que pactemos con uns ou cos outros asegurando que confian en nós. Nós tamen confiamos neles nas eleccións. E con esto non digo que vaiamos a devolve-la falla de confianza ca mesma moeda. Non é o poder o que nos nubla a mente, o único que nos move é buscar a mellor alternativa. A nós agora tócanos ser a parte que decide, non por causa das furnas, senon do destino, e buscaremo-lo mellor para nós e para o pobo. Todo o mundo di que os veciños pediron un cambio pero non a nós, xa que perdimos un concelleiro, logo ¿culparánnos agora de que non exista ese cambio? Nós tomaremo-la mellor opción para Monforte, pero non por cambio ou capricho. Ademais, se o cambio é o BNG eles son quenes deberían de facilitalo pero non dende unha postura técnicamente superior, pedindo o apoio sen ofrecer garantías. Algún día saíran á luz os entramados destes pactos e entón o pobo comprobará que pactamos polo que dicía o noso eslogan: «O noso é Monforte».