Dictadores

La Voz

LEMOS

TRIBUNAMANUEL LOIS | O |

01 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

NUN DEBATE televisivo sober a guerra, que presenciei na noite do domingo, participaban catro xornalistas, Pedro J. Ramírez, Carlos Carnicero, Luis Herrero e Miguel Ángel Rodríguez. Este último foi portavoz do goberno do PP recentemente, e agora adícase a actividade privada na súa empresa de publicidade, que recibíu un sustancioso contrato oficial, criticado polas forzas da oposición,O señor Rodríguez fundamentaba o apoio a Estados Unidos, que hoxe mesmo será contestado en Monforte con unha manifestación de protesta máis, co seguinte razonamento: España estivo sempre no lugar equivocado, apoiando ós dictadores Mussolini e Hitler, pero agora, por fin, estamos con quen debemos estar.O señor Rodríguez presupón que Bush non é un dictador. Eu lémbrolle que Hitler tamén acadou o poder a través dunhas eleccións democráticas.